Ōkamiden sae á venda ten España
venres, 18 de marzo do 2011
As
tendas de videoxogos españolas reciben hoxe un curioso xogo para Nintendo DS, Ōkamiden, que vén a ser unha especie
de secuela de ÅŒkami, un xogo para Wii
que destacara polos seus fermosos deseños, e que agora recupéranse cun toque infantil, de xeito que en vez de
controlar ao grande lobo branco Amateratsu, manexaremos ao lobeto Chibiterasu.
Esta nova aventura está situada uns meses despois do xogo de Wii, tendo que
enfrontarse Chibiterasu a unha forza que baleirou a paisaxe de cor, deixándoa
murcha e apagada, en vez de chea de luz e vida. Para esta misión o peludo
protagonista contará coa axuda de moitos compañeiros que van xurdido no camiño,
para explorar, resolver puzzles e
loitar contra malvados espÃritos, para devolver o esplendor ao mundo, para o
que haberá que facer uso da Brocha Celestial, un instrumento de escritura que
empregaremos na pantalla táctil da Nintendo DS e que permite invocar poderes
divinos. As técnicas de utilización da brocha permitirán manexar a Chibiterasu nos
combates ou na resolución de quebracabezas.
Por desgraza para os máis cativos, este precioso xogo só está dispoñible con
textos en inglés.
Trailer do xogo para Nintendo DS
- No xogo hai que facer uso da Brocha Celestial para derrotar aos inimigos