4 millóns de copias de Resident Evil 5

luns, 16 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A semana pasada chegou a Europa o xogo Resident Evil 5, e parece que esta última entrega da saga vai ser todo un éxito, e tras vender na semana anterior unhas 400.000 copias no Xapón, o seu fabricante asegura que xa colocaron 4 millóns de copias en todo o mundo, o que posiblemente coincida co volume real das vendas do xogo, que está a ser moi ben tratado pola crítica e que superou os 4 millóns de descargas da súa versión de demostración a través da PlayStation Network e o Bazar de Xbox LIVE.
Aparte do éxito de vendas na súa edición física, a compañía tamén fará negocio cos contidos descargables, pois coma comentamos a pasada semana, o modo Versus será de pago, o que fará que os usuarios que queiran gozar dos modos de xogo en rede competitivos (en individual ou por equipos) deberán pasar por caixa, o que molestou a certos xogadores, aínda que cómpre descartar que tal característica nunca estivo presente nun xogo desta franquía, polo que é comprensible que sexa unha prestación adicional de pago.

PUBLICIDADE