7NN bota o peche este mesmo mes

martes, 28 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Hai un par de semanas anunciábase que a canle 7NN abandonaría a TDT en toda España agás na Comunidade de Madrid, pero finalmente a situación é moito peor do anunciado, e anuncia o cesamento de operacións a finais deste mesmo mes.
Producciones Audiovisuales Hispania, S.A., propietaria de 7NN, anuncia nun comunicado que os excesivos gastos da canle fai inviable o proxecto, e nin sequera os cambios na xestión realizados nos últimos meses foron dabondo para reverter o deterioro económico ao que se chegou.
No ano e medio que 7NN leva en activo consumiu os seus máis de cinco millóns e medio de euros de captial, sen conseguir unha garantía mínima de ingresos futuros apuntando como grande erro a estratexia do equipo directivo inicial «máis enfocado en tentar desenvolver un bo produto televisivo no plano visual que en construír un modelo de negocio sustentable», provocando un nivel de gastos que non se correspondían cos ingresos que xeraban.

PUBLICIDADE