A 5G na banda dos 700 MHz chegará en breve a Melide

venres, 8 de abril do 2022 Marcus Fernández

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron que durante as vindeiras semanas realizarán en Melide o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas dos 800 e dos 700 MHz respectivamente, o que permitirá que os melidenses poidan gozar de conexións móbiles de maior velocidade e mellor cobertura (tanto en extensión como en penetración nos edificios).
A oferta de servizos de telecomunicacións en frecuencias antes ocupadas pola TDT supón unha grande vantaxe para os usuarios destes servizos, que contan con comunicacións de maior calidade, aínda que o feito de que estas comunicacións se realicen a través de frecuencias próximas ás de algunhas emisións de televisión leva a que se teña que informar en cada vila cando se activan as novas frecuencias de telefonía móbil, por se algún veciño ten problemas de interferencias, para así poder actuar especificamente para solucionar as incidencias que se detecten, que deberán canalizarse a través da oficina do servizo llega700.

PUBLICIDADE