A Cámara de Santiago e o INCIBE poñen á nosa disposición recursos para unha actividade segura nas redes
martes, 23 de febreiro do 2021
A
Cámara de Comercio de Santiago prosegue co seu incansábel labor de
formación e adestramento tecnolóxico ao servizo das persoas
autónomas e emprendedoras, pemes e profesionais. Este
venres, sen ir máis lonxe, vai organizar unha xornada telemática
para mostrar o importante labor do INCIBE e a relevancia dos seus
servizos para mellorar o traballo que desenvolvemos a través das
redes.
A
Cámara destaca que o Instituto Nacional de Seguridade salienta polo
seu traballo con empresas, cidadáns e menores; así como por
dispoñer de ferramentas de balde para xerar confianza dixital e
aumentar a ciberseguridade dos distintos destinatarios.
A
xornada do 26 de febreiro dará comezo ás 10.00 horas e contará coa
presenza de Luis Hidalgo, técnico do INCIBE, quen falará sobre os
proxectos e áreas principais do instituto, poñendo o foco no seu
traballo de sensibilización e formación así como nas ferramentas
gratuítas que pon a disposición da cidadanía e do tecido produtivo
para combater as amezas online e xerar un ambiente de comunicación,
información e traballo o máis seguro e confiábel posíbel.
A
través desta sesión, sinala a Cámara, “coñeceremos mecanismos
para a prevención e reacción a incidentes de seguridade da
información, como promoven o avance da cultura da seguridade da
información a través da concienciación, a sensibilización e a
formación”.