A Cañiza súmase á Rede de Telecentros de Comunicación

mércores, 28 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 495.5 KB
O subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, Manuel Conde Mouzo, e o alcalde de A Cañiza, César J. Mera Rodríguez, inauguraron hoxe o telecentro de comunicación do concello.

O subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, Manuel Conde Mouzo, e o alcalde de A Cañiza, César J. Mera Rodríguez, inauguraron esta mañá o telecentro de comunicación do concello, nun acto no que Manuel Martínez Núñez, alcalde de Becerreá, participou por videoconferencia para recibir ao concello de A Cañiza na Rede de Telecentros.
O Concello de A Cañiza acondicionou unha parte do andar superior do edificio da súa Casa da Cultura para dotándoo de ascensor para facilitar o acceso a este espazo de 100 m2, acondicionado acusticamente e cunha estética particular, que está dotado de 21 equipos informáticos con lector de DNI electrónico, DVD, monitor TFT de 17 polgadas, auriculares con micrófono, sistema operativo Windows XP e software ofimático e multimedia, un proxector de vídeo, unha pantalla de plasma de 42 polgadas, un rack multimedia, microfonía de mesa, altofalantes, 2 cámaras motorizadas, pantalla táctil para o control audiovisual e de luces e rede Wi-Fi. Todo isto servirá para que os cidadáns poidan acceder a cursos formativos, relatorios, actividade de teleformación, visualización de audiovisuais… así como para a realización de presentacións, roldas de prensa, videoconferencias e xuntanzas de traballo.
Os cursos que impartiranse no novo telecentro tratarán temas variados coma o deseño gráfico, o software libre, os blogs ou os vídeos na Internet.

PUBLICIDADE