A Canon PowerShot D10 soportará golpes, auga e frío
mércores, 18 de febreiro do 2009
Canon renovou
a súa gama de cámaras fotográficas dixitais PowerShot, e entre as
novas cámaras destaca a Canon D10, que co seu sensor de 12,1 Mpíxeles e un zoom
óptico de 3x permite capturar os mellores momentos na praia, na neve ou noutros
contornos agresivos, pois é resistente ao choques, pode somerxerse ata 10
metros de profundidade e soporta temperaturas de ata 10 graos baixo cero.
A cámara non só toma imaxes de alta resolución, senón que tamén grava vídeo en
calidade VGA e estará dispoñible dende primeiros de maio por 329,99 dólares
(259,91 euros) e aínda que a súa carcasa orixinal sexa nunha cor azul que
lembra a un iMac
orixinal, poderá intercambiarse por outras (podéndose elixir entre varios
deseños: laranxa, camuflaxe ou negro).