A Casa Real podería solicitar a retirada dun traxe dun xogo de loita

luns, 28 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Un DLC permitirá vestir a magneto co uniforme de Capitan Xeneral dos Exércitos

Un voceiro do Palacio da Zarzuela declarou que os servizos xurídicos da Casa Real están a estudar a solicitude da retirada dun dos traxes que viste o personaxe Magneto no xogo Ultimate Marvel vs Capcom 3, por estar inspirado no uniforme de Capital Xeneral dos Exércitos, o que xa dera moito que falar na publicación do comic The Pulse: House of M(no que aparecera Magneto vestindo o polémico uniforme por primeira vez).
O xogo Ultimate Marvel vs Capcom 3 saíu á venda o pasado 18 de novembro para PS3 e Xbox 360, pero o novo traxe de Magneto (un dos principais inimigos da Patrulla X) non estará dispoñible ata o vindeiro 20 de decembro, cando lanzarán o contido descargable chamado The Ancient Warrior Pack, que incluirá novas aparencias para Magneto, Hulk, Sir Arthur e Firebrand, polo que aínda estarían a tempo para evitar a súa distribución por unha posible vulneración dos dereitos de autor da fotografía oficial na que se baseou o deseño do traxe de Magneto.

Contraste entre a imaxe promocional de The Pulse: House of M e a fotografía oficial do Rei, que deu pé a esta polémica

PUBLICIDADE