A Consola Virtual da Wii recupera o clásico Super Hang-On
venres, 4 de maio do 2012
Os xogos descargables están cada mes máis de actualidade,
pero tamén os vellos tÃtulos queren facerse un oco dentro de tal oferta de
contidos dixitais, destacando esta semana un clásico de SEGA, o xogo Super
Hang-On, que xa está dispoñible para a consola virtual da Wii, de xeito
que os usuarios da consola doméstica de Nintendo poderán gozar do clásico para
máquinas recreativas lanzado en 1987 por 900 Wii Points.
O famoso xogo de carreiras de motocicletas conta con 48 circuÃtos repartidos en
4 continentes e no seu lanzamento inicial destacara por instalarse nunha
recreativa que simulaba ser unha motocicleta real, controlándose mediante un
guiador, servindo de inspiración para outro xogo semellante na época, Enduro Racer.
Pero non
é o único xogo de SEGA que vai estar dispoñible na Consola Virtual, senón que
o vindeiro dÃa 10 tamén desembarcarán nesta plataforma de descargas da Wii o carismático
Wonder Boy in Monster Land e outro
tÃtulo da mesma franquÃa que nunca saÃra do Xapón: Monster World IV (que foi un dos primeiros xogos en contar cunha
protagonista feminina).
- A saga de Wonder Boy é unha das máis representativas da segunda metade dos anos 80
- O xogo inédito en Europa Monster World IV foi dos primeiros en contar cunha protagonista feminina