A Copa 40 EA Sports organizará unha semifinal en Santiago

martes, 28 de outubro do 2008 Raquel Noya

A terceira edición de un dos campionatos de videoxogos máis importante do país, o FIFA 09, vai disputar unha das súas semifinais da Copa 40 no Centro Comercial Área Central o vindeiro día 15 de novembro a partires das 16 horas.
Os interesados en participar deberán realizar a súa inscrición previa na emisora de 40 Principais en Santiago, na Rúa San Pedro de Mezonzo nº 3, 1º ; para poder así concorrer de balde no devandito encontro.
O gañador da Semifinal de Compostela levará para a súa casa unha PlayStation 3, unha equipa de Fútbol e unha viaxe a Madrid para participar na “gran final nacional”, así como a satisfacción de ter gañado un encontro con moitos adeptos no país.
A Copa 40 EA Sports conta co patrocinio de Halcón Viaxes e ONO así como coa colaboración do Concello de Santiago, Futgol e o Centro Comercial Área Central.

PUBLICIDADE