A Coruña acolle un novo torneo de Pokémon XY
mércores, 8 de outubro do 2014
Os afeccionados aos videoxogos de Pokémon teñen unha nova
oportunidade para baterse con outros xogadores na cidade da Coruña o vindeiro
dÃa 18, xa que a Asociación Mangalego convoca un novo Torneo Pokémon XY
no Centro CÃvico de Monelos, comezando a inscrición ás 16:30 horas e o torneo
ás 17:15 horas como moi tarde, sendo a actividade de balde para socios de
Mangalego e custando 3 euros para o resto de inscritos.
O gañador deste torneo farase cunha copia do futuro Pokémon Alfa Zafiro ou Pokémon
Omega Rubà (a elixir), que entregarase en canto o xogo saia á venda (a
finais do mes que vén). No caso de contar cunha grande afluencia de
competidores, contemplarase a posibilidade de entregar tamén premio ao segundo
clasificado.
A modalidade de torneo decidirase en función do número de participantes (Liga,
SuÃzo, Liguilla+Eliminatorio, Eliminatorio) e o regulamento
da competición xa está publicado nos foros en liña da Asociación Cultural
Mangalego.