A Deputación da Coruña convida a mostrar nas redes os mellores lugares para abrir un libro
luns, 8 de xullo do 2019
A
lectura compártese, e non só iso, senón tamén os lugares máis
acaídos para ler. Tendo en conta isto e as posibilidades de
interacción entre lectores que se poden establecer a través das
redes sociais, coa escusa de falar dos mellores sitios para abrir un
libro, a
Deputación da Coruña (a través da Biblioteca Provincial e a área
de Turismo) vén de convocar a sétima edición do concurso
fotográfico de verán #HoxeLeoEn.
O
premio á mellor imaxe será unha viaxe cultural a unha capital
europea. Con este concurso, a entidade provincial que promover a
lectura ao tempo que mostra nas redes sociais os atractivos
turísticos da provincia, que non son poucos.
Para
participar no concurso só se require ser maior de idade. Os
participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías nas
que amosen o libro que están a ler e o seu lugar favorito da
provincia da Coruña para gozar da lectura durante o verán. As fotos
deben indicar o lugar onde se toma a imaxe e o libro e autor/a do
mesmo e difundirse a través das redes sociais Twitter, Facebook ou
Instagram, seguindo e mencionando a @bibliodacoruna e @DACTurismo e
incorporando a etiqueta #HoxeLeoEn. Tamén poden enviarse
directamente por correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal.
O prazo de presentación das fotografías vai do 8 de xullo ao 31 de
agosto, ambos os dous incluídos.
A
data de entrega do premio, que terá lugar na Biblioteca da
Deputación da Coruña, será anunciada xunto co nome da persoa
gañadora o día 9 de setembro. Para
máis información, cómpre visitar as bases do concurso online.