A Deputación da Coruña e o Concello de Noia impulsarán nas redes o turismo local
martes, 5 de xaneiro do 2021
O
vicepresidente
de Turismo da Deputación da Coruña asinou este
martes 5 de xaneiro
un acordo de colaboración co Concelleiro da Cultura e Turismo do
Concello de Noia,
co fin de promover
e reactivar o sector turístico do municipio. A Deputación achega
14.520 euros para a creación da marca turística de Noia, o portal
de turismo e a estratexia de mercadotecnia
dixital do destino (marketing
online).
Doutra banda, o proxecto inclúe a impresión de 10.000 dípticos co
mapa turístico, rutas e destinos do territorio e un plan turístico
para reactivar a hostalaría.
O
obxectivo principal desta iniciativa é “visualizar
e reactivar o sector turístico”, xa que por mor da COVID – 19
produciuse un gran descenso no número de visitantes.
Segundo
o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, “o
proxecto trata de poñer en valor o amplo e valioso patrimonio
cultural do concello de Noia e mellorar a dinamización turística,
principalmente mediante a proxección mediática do municipio a
través das novas tecnoloxías”. De feito, o Concello de Noia busca
dirixirse a unha nova xeración de turistas que consumen información
personalizada a través da Rede.
Prima a creación de información que se poda atopar a través dos
buscadores habituais ou as redes sociais e que xere opinións que
avalan a calidade do destino.
En
definitiva, sinalaron,
o sector turístico precisa de novas ferramentas de comunicación e
de novos recursos de marketing
dixital para ofrecer plataformas onde comentar experiencias, achegar
opinións doutras persoas viaxeiras, unha maior cobertura informativa
e un mellor posicionamento no mercado.