A Deputación da Coruña publica as bases das axudas PEL 2023, que inclúen recursos para a dixitalización
venres, 27 de xaneiro do 2023
A
Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, vén de
publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2023, que veñen con
catro modalidades dependendo das necesidades das empresas e das
persoas autónomas. As axudas poñen novamente o foco en contribuÃr
á dixitalización das firmas da provincia, ao fomento do traballo
por conta propia e á creación, ampliación e mantemento dos cadros
de persoal das empresas. Pódense consultar polo miúdo no Portal
de Emprego da Deputación da Coruña.
-PEL
Emprende Investimento. Axudas para a consolidación e o
fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da
Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariábeis. A
contÃa dispoñÃbel é de 2.760.000 euros. Os gastos obxecto de
subvención serán os seguintes: aplicacións informáticas,
maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información
(computadores e demais conxuntos electrónicos). O importe mÃnimo a
conceder é de 2.450 euros e o máximo de 17.500.
-PEL
Autónom@s. Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por
conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de
20.000 habitantes. A contÃa total é de 1 millón de euros. O
importe mÃnimo a conceder é de 1.200 euros e e o máximo de 2.400.
-PEL
PEMES Creación e Ampliación. Axudas á creación e ampliación do
cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
Cóntase neste punto cunha contÃa de 2.894.000,00 euros. O importe
mÃnimo da subvención será de 1.000 euros e o máximo de 15.000.
-PEL
PEMES Mantemento. Axudas ao mantemento do cadro de persoal de
pequenas, medianas empresas e microempresas. A contÃa é de 1 millón
de euros. O importe mÃnimo das axudas será de 1.000 euros e o
máximo de 11.000.
As
bases das axudas PEL
2023 poden consultarse no BoletÃn Oficial da Provincia núm.19 do 27
de xaneiro de 2023.
O
prazo previsto para a presentación de solicitudes permanecerá
aberto desde o dÃa seguinte da publicación da convocatoria no BOP
ata o 10 de marzo ás 14.00 horas.
As
solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito
telemático a través da
plataforma SUBTeL.