A Deputación de Lugo impulsa a dixitalización do comercio local de Monforte con preto de 37.000€
venres, 31 de xullo do 2020
A
Deputación de
Lugo vai impulsar a revitalización do comercio local de Monforten.
E farao cunha contía de preto de 37.000 euros e poñendo o foco na
súa dixitalización. Así o fixo saber este venres o presidente,
José Tomé, durante a sinatura dun convenio coa asociación do
Centro Comercial Urbano de Monforte para contribuír á
transformación tecnolóxica (e, en consecuencia, á competitividade,
á eficiencia e á rendibilidade) dos preto de 150 membros da
entidade.
José
Tomé Roca e o presidente da asociación do Centro Comercial Urbano
de Monforte de Lemos, Juan Carlos González, asinaron no Pazo de San
Marcos un convenio a través do que a institución provincial achega
36.907€ para colaborar co proxecto de dixitalización dos comercios
asociados desta asociación. No acto de sinatura tamén participaron
a vicepresidenta do Centro Comercial Urbano de Monforte de Lemos,
Áurea González Pérez e a vogal, Melanie De la Fuente González.
“Esta
axuda que concede a institución provincial é importarte porque
contribúe a impulsar o comercio de proximidade na zona sur da
provincia”, explicou o presidente, salientando o feito de que
chegue “nuns momentos difíciles, nos que se necesita recuperar a
confianza na cidadanía e buscar novas fórmulas de promoción e
venda que resulten atractivas”.
Tomé
Roca explicou que esta achega responde ao compromiso da Deputación
de Lugo co apoio aos sectores produtivos da provincia co fin de
contribuír a combater os efectos da crise económica provocada pola
pandemia, sobre todo nas actividades de servizos. Nesta liña,
lembrou que o ente provincial xa puxo en marcha unha campaña, a
iniciativa En Lugo, Si, destinada a revitalizar o tecido
económico da provincia, o emprego e a actividade das pemes,
microempresas e autónomos.