A EPS de Enxeñaría da USC aumenta o seu equipamento robótico
venres, 18 de decembro do 2020
A
Escola
Politécnica Superior de Enxeñaría
(EPSE) do Campus de Lugo da USC ampliou a súa “familia robótica”
cun robot semi-humanoide e outro todo terreo.
Desta maneira, avanzan na consolidación do Grao
de Robótica con material que ficará
ao servizo de estudantes e docentes.
Ademais dos pequenos robots
Turtlebot,
que desde o inicio do grao acompañaron aos estudantes, engádense
outros dous: o robot Pepper
(un semi-humanoide de SoftBank Robotics)
e o todo terreo Summint XL
de Robotnik. O primeiro está destinado a tarefas de telepresencia,
guiado ou asistencia e entre as súas características máis
destacadas atópase o recoñecemento de emocións, xesticular e
interactuar
con persoas.
Así, o robot Pepper permitirá
ao alumnado a oportunidade de traballar con el nas materias de
proxectos integrados ou de robótica de servizos. As actividades máis
reclamadas para este tipo de robots son as de desenvolver e probar
solucións baseadas na visión por computadora para recoñecer e
interactuar
coas persoas, así como engadir comportamentos intelixente no robot.
Doutra banda, o robot Summint
está deseñado para tarefas de vixilancia ou acceso a terreos
perigosos, sendo capaz de moverse en exteriores con obstáculos,
desniveis e condicións de terreo adversas. O robot advirte e percibe
movementos desde distancias incluso superiores aos 100 metros.
Ademais, Summint
tamén
pode ser empregado na formación práctica de diferentes materias.
Dende a EPS de Enxeñaría de
Lugo están tentando seguir ampliando a “familia robótica” nun
futuro próximo coa incorporación do can robótico Unitree
A1 Explorer. Desta
forma converteríase nun dos primeiros robots deste estilo en Galicia
que estará dispoñíbel
para o alumnado do Grao
de Robótica.