A FIFA alÃase con Konami no ámbito dos deportes electrónicos
xoves, 10 de outubro do 2024
- Koji Kobayashi, director executivo sénior de Konami, e Romy Gai, director comercial da FIFA.
EA Sports anunciou en 2022 que prescindirÃa da marca FIFA para o seu xogo de fútbol anual, que pasarÃa a chamarse EA Sports FC, quedando no aire a posibilidade de que a FIFA chegase a algún acordo con outro estudio de videoxogos, e finalmente anunciaron o peche dun acordo de colaboración con Konami, o que sorprende ante a mala posición da compañÃa no mercado dos xogos de fútbol (tendo que transformar o clásico PES nun eFootball baixo a fórmula do free-to-play).
Dentro deste acordo de colaboración están programadas dúas edicións da FIFAe World Cup, que incluirán eFootball, e terán lugar a finais deste ano tanto en dispositivos móbiles como en consola.
A FIFAe World Cup comezará as cualificacións en todo o mundo hoxe mesmo. Para involucrar á comunidade enteira, celebraranse dúas competicións: unha en consola e outra en móbil, e en ambas se coroará a un Campión Mundial de FIFAe.
No ano inaugural desta colaboración, convidouse a 18 nacións a estar representadas nos eventos finais. Falamos de Arxentina, o Brasil, Costa Rica, Inglaterra, Francia, a India, Indonesia, Corea, Malaisia, Marrocos, PaÃses Baixos, Polonia, Arabia Saudita, Tailandia, TurquÃa e España.