A FTC oponse á compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft
venres, 9 de decembro do 2022
Finalmente
a FTC, organismo regulador da competencia nos EE.UU., decidiu
opoñerse á operación de compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft,
operación valorada nuns 69 mil millóns de dólares e que segundo a axencia
gobernamental poderÃa prexudicar seriamente á competencia dadas as grandes franquÃas
(como Call of Duty ou Warcraft) que hai en xogo, desoÃndo os compromisos
de Microsoft, que nos últimos dÃas asegurou que os xogos de Call of Duty
chegarÃan durante os vindeiros 10 anos a consolas de Sony e Nintendo, asà como
a tenda dixital para PC de Valve, Steam.
A postura da FTC aÃnda ten que pasar agora por un procedemento de alegacións
antes de que que o asunto chegue aos tribunais. Até hai pouco parecÃa que Microsoft
non atoparÃa oposición na súa operación de compra, xa que o catálogo de xogos
exclusivos para consolas PlayStation continúa a ser moi superior en cantidade e
calidade ao que ten Xbox, e o lanzamento de grandes producións deixando de lado
a consola maioritaria non serÃa rendible economicamente. De feito, Gabe Newell,
director xeral de Valve, chegou a asegurar que non
precisaba que Microsoft ofrecese ningún acordo a longo prazo para garantir a
presenza de Call of Duty en Steam, pois entende que a compañÃa
procurará levar os seus xogos ás plataformas e aos dispositivos onde estean o
xogadores.
Dende Activision Blizzard aseguran que os temores da FTC son infundados, e que crer
que tras a fusión con Microsoft Call of Duty serÃa exclusivo de Xbox non
ten ningún sentido. Non só cren que un movemento asà prexudicarÃa a
reputación de Microsoft, senón que tamén deixan claro que deixar de vender Call
of Duty para consolas PlayStation suporÃa a perda de milleiros de millóns
de dólares en vendas, polo que serÃa un completo desastre.
Pero dende a compañÃa de Bobby Kotick van máis aló, e aseguran que no
hipotético caso de que non houbese Call of Duty para PlayStation non serÃa
ningún trauma, xa que os xogadores atoparÃan xogos alternativos rapidamente, reforzando
a idea de que a Microsoft non lle interesa perder aos xogadores das consolas de
Sony.
O propio Kotick asegura nunha carta aberta que non ten dúbidas sobre a fusión
con Microsoft, considerando que as alegacións da FTC non se corresponden coa
realidade, e salientando que pensa que a postura da FTC
responde a cuestións ideolóxicas e erros de concepto sobre a industria tecnolóxica.