A Fundación Telefónica premia a oito mozos nun concurso de aplicacións para Firefox OS

luns, 20 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O concurso de programación de aplicacións para Firefox OS organizado pola Fundación Telefónica para mozos de entre 18 e 25 anos rematou o pasado venres cunha xornada lúdica e educativa na que se fixeron entrega dos premios correspondentes aos oito gañadores desta primeira edición, repartidos só nas categorías Social e Educativa, posto que a categoría Artística/Experimental quedou deserta.
Ao concurso concorreron preto de 600 participantes con ideas innovadoras para desenvolver empregando tecnoloxías web abertas, que podían optar a facerse con bolsas para traballar con Telefónica I+D ou Tuenti, así como financiamento para continuar a desenvolver o seu proxecto ou apoio económico para mellorar a súa formación.
A categoría Social dos premios destacaron o proxecto LifeRescuer de Jorge Prudencio Fernández, que consiste nunha aplicación para rescates na montaña a través de GPS en sitios con pouca cobertura, mentres que na categoría Educativa salientouse o proxecto Manzanas Mágicas de Asier Aguado Corman, que mediante operacións básicas reforza a aprendizaxe das matemáticas. Cómpre destacar que nesta última categoría resultou finalista o proxecto Tu huerto desde cero da pontevedresa Eva Fernández Rodríguez, unha guía para cultivar a túa propia colleita.

O proxecto Tu huerto desde cero da pontevedresa Eva Fernández resultou finalista nos Premios

PUBLICIDADE