A Galega estrea O mellor tractor do mundo

xoves, 6 de xullo do 2023 Marcus Fernández

As canles dixitais da CRTVG estrean hoxe o concurso O mellor tractor do mundo, que pode verse dende as 20:00 en YouTube e a partir das 20:30 en TikTok, Facebook e Twitter (plataformas que serven así de altofalantes do novo espazo). Os espectadores, coas súas votacións a través de YouTube e Instagram, serán os que elixan o gañador de cada entrega e da final, no quinto e último capítulo desta creación de A Revolta Producións.
En O mellor tractor do mundo veremos aos mellores tractoristas de toda Galicia, que irán presentándose ao longo de 4 entregas deste programa, para desembocar nunha final na que competirán os catro gañadores de cada programa.
Estamos ante o primeiro programa que se estrea entre os seleccionados na convocatoria de proxectos dixitais en lingua galega realizada polos medios públicos en apoio do sector, buscando promover a creatividade e buscar novas formas de produción de contidos multiplataforma e/ou transmedia en lingua galega.

Primeira entrega de O mellor tractor do mundo

PUBLICIDADE