A Galicia Olímpica pode seguirse facilmente dende a web

martes, 23 de xullo do 2024 Redacción

De cara á próxima celebración dos Xogos Olímpicos de París, a Xunta de Galicia anuncia a renovación da páxina web de Galicia Olímpica, que recolle toda a información sobre os 32 deportistas olímpicos e 14 paralímpicos galegos que participan nestas datas nas competicións que teñen lugar en terras francesas, salientando o feito de que a representación galega é un 18% maior que nos anteriores Xogos.
O espazo web achega o calendario dos deportistas galegos con todos os detalles das probas nas que compiten, facilitando así o seu seguimento en directo, aínda que tamén se recollen os seus resultados, así como entrevistas para coñecer máis a fondo aos deportistas da nosa terra.
O presidente da Xunta comentou ao respecto que «todos nós estaremos nas seguintes semanas padexando con Teri e con Araceli, saltando con Ana e con Desi, correndo con Adri e mais Adi. Todos estaremos empurrando o barco olímpico e paralímpico galego, porque dun xeito ou outro, todos imos subidos nel».

A páxina web da Galicia Olímpica inclúe un calendario para que coñezamos cando compiten nos Xogos os deportistas galegos