A Game Boy cumpre hoxe 25 anos

luns, 21 de abril do 2014 Marcus Fernández

Aínda que a orixe das consolas de videoxogos portátiles podemos fixala na década dos 70, inicialmente falábamos que máquinas moi limitadas e que funcionaba cun único xogo, pero en 1989 chegou ás tendas nipoas un novo dispositivo deseñado por Gunpei Yokoi (a quen tamén debemos as populares Game&Watch de Nintendo), a Game Boy, revolucionando o sector pese ao súa reducida potencia de procesamento é a súa pantalla de reducido tamaño, pouca visibilidade e monocromo, pero que conseguiu callar socialmente grazas a dous factores: a súa autonomía (4 baterías AA podían permitir entre 15 e 30 horas de xogo, mentres que unha das súas principais competidores, a Game Gear de SEGA, só aguantaba entre 3 e 5 horas con 6 baterías AA) e o contar cun xogo tractor de vendas, o Tetris (que aínda que non chegou ao lanzamento xaponés da consola, si era o título que incluían a meirande parte de Game Boy á venda en Europa e EE.UU.).
Dado que o lanzamento da consola foi o 21 de abril, podemos hoxe celebrar o 25º aniversario dun dos dispositivos de maior impacto, pois non só levou os videoxogos a novos públicos, senón que tamén abriu a porta ao xogo en mobilidade, do que hoxe podemos gozar tanto con máquinas sucesoras como a Nintendo 3DS como en novos trebellos (como os smartphones e tablets, cada vez máis empregados como sistemas de xogo portátiles).
Estímase que se venderon preto de 119 millóns de consolas Game Boy, se consideramos como sucesora a Game Boy Advance (da que venderíanse preto de 82 millóns de unidades), consolas que sentaron as bases do éxito da Nintendo DS, consola portátil máis vendida da historia (con preto de 155 millóns de unidades).

JPEG - 148.5 KB
Distintos modelos de Game Boy vistos na edición de 2011 de RetroCoruña

PUBLICIDADE