A Guarda oferta un curso de capacidades tecnolóxicas básicas para maiores

mércores, 4 de setembro do 2024 S. P.

O Concello da Guarda informou de que xa están abertas as inscricións para o curso gratuíto de Mellores acompañados, impulsado pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración cos concellos da nosa terra. Trátase dunha actividade formativa enfocada nos maiores para o ensino de novas tecnoloxías de uso diario e que poidan ser deste xeito, máis independentes.
O curso levarase a cabo na aula multiusos do Concello da Guarda os luns 30 de setembro, e 7,14 e 21 de outubro de 10 a 12.30 horas. En principio temos entre 15 e 20 prazas, con posibilidade de aumentar en caso de que exista demanda.
Nesta formación aprenderán como usar servizos habituais na vida diaria: máquinas de quendas, caixeiro automático, teléfono móbil ou aplicación do SERGAS.
Trátase dunha formación totalmente gratuíta. A inscrición levarase a cabo na oficina dos servizos sociais do Concello, tanto presencial como polo teléfono 986 61 45 07.