A Intelixencia Artificial ao servizo do galego, polo miúdo nun encontro virtual este venres
mércores, 26 de maio do 2021
A
Asociación
de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza o
encontro virtual Intelixencia Artificial ao servizo
da lingua en conmemoración do DÃa Mundial das Telecomunicacións
e da Sociedade da Información 2021. Será este venres 28 de maio
ás 11.00 horas e contará coa participación da asociación
PuntoGal, impulsora do dominio galego e unha das entidades máis
activas á hora de dinamizar a presenza da nosa lingua e a nosa
cultura nas redes.
Enmarcada
nos actos de conmemoración do DÃa Mundial das Telecomunicacións e
da Sociedade da Información, a xornada consistirá nun coloquio no
que intervirán os máximos representantes de ambas entidades, Manuel
González González, presidente de PuntoGal e Julio Sánchez Agrelo,
presidente da AETG, moderados polo xornalista Manuel Blanco Casal. O
evento celebrarase a través da plataforma Zoom.
A
actividade da AETG abéirase ao plan de accións de difusión
derivado do convenio formalizado coa Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para a posta en marcha de
actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano
2021.