A LaconNetwork deste mes celebrarase en Lalín

luns, 23 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Tras a multitudinaria celebración do 5º aniversario da LaconNetwork en Santiago de Compostela, o encontro tecnolóxico-gastronómico de Galicia pechará o mes de febreiro dun xeito máis tranquilo e relaxado o vindeiro venres no Restaurante Cabanas, na rúa Pintor Laxeiro, 3 de Lalín, xornada que aparte de permitir gozar das excelencias gastronómicas da zona, tamén facilitará o coñecemento do seu potencial TIC.
Xa está aberta a inscrición a este xantar para o que haberá que aboar a cantidade de 19 euros, o que permitirá degustar embutidos ibéricos, tostas variadas, ensaladas de perdiz, buguinas de foie de oca con mazá confitada, lazón laminado, empanadas variadas, sushi, crema de verduras, consomé, tortillas, pasteis, rosquillas, cañas recheas de crema e améndoa tostada e bebidas.

O encontro do sector TIC en Lalín celebrarase no Restaurante Cabanas

PUBLICIDADE