A Mobile Week Ourense, nomeada aos premios do XII Congreso CNIS

luns, 5 de decembro do 2022 S. P.

O evento tecnolóxico Mobile Week Ourense 2022 foi seleccionado polo xurado dos premios do XII Congreso Nacional de Innovación y Servicios Públicos (CNIS), que se celebrará o 13 e o 14 de decembro en Madrid baixo a organización do Club de Innovación e o Ayuntamiento de Madrid. A iniciativa, froito da alianza entre a Deputación de Ourense e Mobile World Capital, está nomeada na categoría de Mejor estrategia de igualdad digital sostenible xunto ao proxecto de Amigabilidad digital, da Deputación Foral de Bizkaia, e Dispositivos accesibles con Escritorio Virtual de Interacción Digital (EVID), do Ministerio de Justicia.
Os premios do CNIS seleccionan ás mellores iniciativas públicas arredor da dixitalización dixital e cultural do sector público, en apartados como mellor proxecto consolidado de innovación pública, mellor modelo de dixitalización, mellor proxecto de incorporación de tecnoloxías emerxentes, mellor estratexia integral de datos ou mellor proxecto de consecución dos ODS. Entre os nomeados están concellos, deputacións e comunidades autónomas de toda España, sendo a Mobile Week Ourense o único proxecto galego seleccionado polo xurado desta edición.
A Mobile Week Ourense é a única iniciativa provincial deste tipo respaldada por Mobile World Capital. A edición 2922 acolleu entre o 15 e o 18 de setembro deste ano a máis de 70 actividades nun amplo programa que incluíu obradoiros, charlas, conferencias, relatorios, demostracións e formación para achegar a tecnoloxía, dun xeito accesíbel e amigábel, a cinco tipos de públicos: infantil, mocidade, padres e educadores, sénior e profesionais.
Podemos consultar todos os nomeados na web do CNIS.

PUBLICIDADE