A Nike+Sportsband axudará aos corredores a rexistrar os seus adestramentos

xoves, 3 de abril do 2008 Marcus Fernández

Nike comezará a vender en abril un novo accesorio pensado para a xente afeccionada a correr, que considirá nunha cinta que se coloca no pulso coma se fose un reloxo, que rexistrará a discancia que percorremos, a nosa velocidade, as calorías gastadas… almacenando tal información unha unidade de almacenamento USB que se pode conectar a un ordenador para rexistrar as nosas rutinas de adestramento no software Nike+Coach.
A Nike+Sportsband venderase a uns 60 euros segundo publicou unha web xermana.

PUBLICIDADE