A Nikon D7000 grava vídeo a Full HD con enfoque continuo
mércores, 15 de setembro do 2010
As cámaras réflex non paran de ampliar a súa versatilidade incorporando
funcionalidades de gravación de vídeo, normalmente limitándose a clips a 720p,
pero a nova
Nikon D7000 busca satisfacer a un público máis esixente e funcionará con
vídeo a 1.080p, ou sexa, a alta definición, o que completase cun sistema de
enfoque continuo e unha entrada de micrófono.
A Nikon
D7000 conta cun sensor CMOS de 16.2 Mpíxeles con procesador EXPEED 2 para
mellorar o rango dinámico, 39 puntos de enfoque automático, a sensibilidade
máxima á que traballa vai ata o ISO 6.400 (podendo forzarse a un ISO 25.600) e
pode tomar ráfagas de 6 fotografías por segundo empregando para o seu
almacenamento dúas fendas para tarxetas SD (compatibles con SDXC).
O prezo ao que sairá á venda nos EE.UU. no mes de outubro será de 1.199,95 dólares
(só o corpo) e o seu prezo para Europa aínda non foi comunicado publicamente.