A Nintendo 3DS estréase con erros

luns, 28 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Mensaxe de erro aparecida na pantalla dunha usuaria española de Nintendo 3DS

O lanzamento comercial da Nintendo 3DS está a ser moi potente, cunhas vendas sólidas para unha novidade que aínda chega cun catálogo de xogos reducido e un prezo elevado, o que ensombrece aínda máis o feito de que en distintos foros estean a reportar que durante o uso da nova portátil de Nintendo pónselles a pantalla en negro nalgúns momentos forzando a un reset para poder seguir empregando o dispositivo, e nalgún caso incluso cun texto indicando o erro.
Polo momento, dende Nintendo recomendan instalar a última actualización do firmware da 3DS e, de persistir o erro, contactar co servizo de atención ao cliente para investigar o problema.
O fallo parece estar bastante espallado, detectándose tamén en España, e non parece limitarse a uns xogos en concreto (incluso pasaría coas aplicacións pre-instaladas na consola), e incluso hai usuarios que aseguran que o erro remite non coa actualización do firmware da 3DS senón formatando a tarxetas SD incluída na consola.

PUBLICIDADE