A Nintendo 3DS poderase mercar por 169 euros esta mesma semana

luns, 8 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Nintendo anunciou hai pouco máis dunha semana que a súa nova consola portátil baixará o seu prezo preto dun 33% o vindeiro 12 de agosto, e aínda que oficialmente non se comunicara o prezo definitivo da consola, parece confirmarse o prezo de 169 euros, pois así figura xa na páxina web de Carrefour, onde aparece a consola dispoñible o vindeiro venres a tal prezo que supón un aforro de 80 euros, nunha baixada de prezo con poucos precedentes, provocada polas reducidas vendas da consola nos últimos meses.
Dende algúns foros comentan que o novo prezo da consola xa aparece no catálogo de ofertas da cadea de hipermercados Carrefour e que entraría en vigor este mesmo martes, dato aínda non confirmado, pero que tampouco resultaría sorprendente, pois a Nintendo 3DS tamén púxose á venda un par de días antes da data oficial nos seus establecementos (e en moitas tendas de videoxogos), polo que é probable que algúns establecementos adianten a rebaixa a xeito de oferta.

PUBLICIDADE