A Nintendo 3DS prepárase para o verán
xoves, 30 de xuño do 2011
- O xogo Resident Evil: The Mercenaries 3D</Em> chegará ás tendas o 1 de xullo
Coa chegada do
verán, Nintendo quere revitalizar a súa nova consola portátil, e tras a chegada
do agardado The Legend of Zelda: Ocarina
of Time, xa temos
un completo calendario de lanzamentos que comeza este venres con Resident Evil: The Mercenaries 3D,
grande tÃtulo ao que seguirán o 15 de xullo Dream
Trigger 3D e Green Lantern: Rise of
the Manhunter e o 26 de agosto PAC-MAN
& Galaga Dimensions. Xa en setembro están confirmados DualPenSports, Angler’s Club: Ultimate Bass Fishing 3D, Star Fox 64 3D, Shinobi,
e CRUSH3D.
Nos vindeiros meses tamén se espera o lanzamento de Doctor Lautrec and the Forgotten Knights (durante o verán), Captain America: Super Solider (que non
coincidirá coa pelÃcula na que se inspira, adiándose ata o outono), EA SPORTS FIFA 12 e Metal Gear Solid 3D Snake Eater.
No verán tamén será posible adquirir a través da eShop os xogos para Nintendo
3DS 3D Classics Xevious, Mario’s Picross (xogo da Consola
Virtual) e Dragon’s Lair: Time Warp
(tÃtulo de Nintendo DSiWare).
Pero a cousa non rematará aÃ, senón que outro elemento que achegará atractivo á
Nintendo 3DS será o feito de que a partires o 1 de xullo, e por tempo limitado,
estarán dispoñibles na eShop como descarga de balde 10
vÃdeos sobre algúns dos xogos de 3DS que puideron verse no E3, repartidos
en 2 paquetes. O primeiro paquete contará con imaxes de Mario Kart, Resident Evil:
Revelations, Star Fox 64 3D, Super Mario e The Legend of Zelda: Ocarina of Time, dispoñibles ata o 20 de
xullo. Tamén chegará un segundo paquete con vÃdeos 3D de Animal Crossing, Kid Icarus:
Uprising, Luigi’s Mansion 2, Metal Gear Solid 3D Snake Eater e Paper Mario.
Con estes vÃdeos amplÃanse os contidos dispoñibles para tirar proveito da
pantalla autoestereoscópica da Nintendo 3DS á vez que pódese botar un ollo aos
xogos da consola, para decidir futuras compras.