A Nintendo 3DS terá unha edición especial dedicada ao 25º aniversario de Zelda
martes, 8 de novembro do 2011
A Nintendo 3DS parecÃa ter completado o seu abano de cores
de cara ao Nadal tras anunciar que
estarÃa presente en branco e rosa, pero o 25º aniversario da saga The Legend of Zelda achéganos a sorpresa
dunha edición limitada da 3DS que recupera unha das súas primeiras cores (negro
cósmico) ao que engaden adornos en cor dourada, dando unha imaxe claramente
diferenciada á consola portátil 3D que promete arrasar en vendas este Nadal.
Esta edición especial chegará
ás tendas o 25 de novembro, e incluirá o xogo The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D (incrementando o seu
atractivo como agasallo).
Cómpre lembrar que o xogo Ocarina of Time
está considerado como un dos mellores tÃtulos da historia dos videoxogos polas
revistas especializadas, e nesta actualización melloráronse os seus gráficos,
adaptouse ás 3D da nova consola portátil de Nintendo e incluso incorporouse
unha completa tradución ao español, converténdose en todo un imprescindible
para os seareiros de Link e a princesa Zelda.
- O novo modelo de Nintendo 3DS ten na súa carcasa o logotipo de Hyrule e outros adornos dourados