A OMS cataloga oficialmente a adicción aos videoxogos

luns, 27 de maio do 2019 Marcus Fernández

O pasado sábado o Organización Mundial da Saúde (OMS) acordou que o 1 de xaneiro de 2020 entrará en vigor a 11ª revisión da Clasificación Estatística Internacional de Enfermidades e Problemas de Saúde Conexos (CIE-11), que define un universo de enfermidades, trastornos, lesións e problemas de saúde conexo, servindo este estándar internacional de clasificación diagnóstica para notificar enfermidades e afeccións con calquera fin clínico ou de investigación e constitúe a base legal para seguir a evolución da saúde e obter estatísticas mundiais.
A CIE-11 actualizouse para reflectir avances científicos e médicos fundamentais e pode integrarse ben coas aplicacións sanitarias electrónicas e os sistemas de información e, de feito, esta nova versión é totalmente electrónica, permiten rexistrar máis detalles e é moito máis doada de utilizar.
Pero esta actualización vén acompañada de certa polémica, xa que inclúe o trastorno por uso de videoxogos, que caracterízase por un patrón de comportamento de xogo persistente ou recorrente que pode ser en liña ou fóra de liña e que maniféstase no deterioro do control sobre o xogo, o incremento na prioridade dada ao xogo ao grao que se antepón a outros intereses e actividades da vida diaria e á continuación o incremento do xogo a pesares de que teña consecuencias negativas.
O patrón de comportamento ten que ser o suficientemente grave como para dar lugar a un deterioro significativo a nivel persoal, familiar, social, educativo, ocupacional ou noutras áreas de funcionamento; pode ser continuo ou episódico e recorrente; e xeralmente é evidente durante un período de cando menos 12 meses para que se asigne o diagnóstico, aínda que a duración requirida pode acurtarse se compre todos os requisitos de diagnóstico e os síntomas son graves.
Cómpre salientar que dende a OMS non se refiren ao tempo que pase xogando unha persoa, senón a un desorde aditivo no que o afectado descoida partes importantes da súa vida dando prioridade aos videoxogos, e queren deixar claro que a actualización da CIE-11 non supón un ataque o sector dos videoxogos, pois o único que busca é atender a unha problemática que actualmente non encaixa correctamente dentro doutros tipos de trastornos debidos a comportamentos aditivos (por exemplo, permite segregar a adicción aos videoxogos da adicción ás apostas).

PUBLICIDADE