A PS Store renovarase o 17 de outubro
xoves, 11 de outubro do 2012
O vindeiro mércores a tenda de contidos descargables para a PS3,
a
PlayStation Store, vai mudar considerablemente o seu deseño, á vez que
tamén cambiará o xeito de presentar as novidades, para acceder dun xeito áxil
ás máis destacadas, atendendo asà ás demandas históricas dos usuarios da
PlayStation 3, que protestaban ante as dificultades que tiñan nalgunhas
ocasións para localizar a última versión de demo publica e outros contidos de
interese.
A renovación da PS Store tamén mellorará as buscas, que poderá facerse por
categorÃas, prezo ou periféricos e incluso adáptase para entender abreviaturas
e identificar nomes mal escritos. As fichas dos xogos tamén achegarán imaxes,
vÃdeos e outros contidos do mesmo.
- O cambio da PS Store non é só estético, senón tamén funcional
- A PS Store dará aos contidos audiovisuais un tratamento semellante ao dos xogos