A PS Vita sumarase ao servizo PlayStation Plus o vindeiro mércores
mércores, 14 de novembro do 2012
Os usuarios
da última consola portátil de Sony, a PS Vita, pode que estean un tanto
decepcionados polo reducido catálogo de xogos dispoñible, e para compensar un
chisco o
vindeiro 21 de novembro van ter a posibilidade de contratar o servizo
PlayStation Plus, que ata o momento só estaba dispoñible para PS3 e que
chega agora á portátil co prezo habitual: 49,99 euros/ano. Os actuais
subscritores de PlayStation Plus poderán levar o servizo á PS Vita de balde.
Grazas a PlayStation Plus é posible gozar de 1 Gb de almacenamento en liña para
a PS3 e outro tanto para a PS Vita, podendo empregarse as posibilidades do
servizo grazas á actualización
do software de sistema da PS Vita á versión 2.00, que tamén incluirá as habituais
actualizacións e parches de seguridade.
- Gravity Rush</Em> será un dos primeiros xogos que poderemos descargar de balde para PS Vita se somos subscritores de PlayStation Plus
Pero o punto forte de PlayStation Plus non é o podermos almacenar os nosos
datos na nube, senón que facilita o acceso a un mÃnimo de 14 xogos (entre as
dúas plataformas) ao mes de balde (cun total de 65 xogos ao ano), que están dispoñibles por tempo limitado, e
que no caso da Vita vai estrearse con 2 grandes tÃtulos: Uncharted: Golden Abyss, a primeira aventura portátil de Nathan
Drake; e Gravity Rush, un innovador
tÃtulo considerado como o xogo que mellor representa a identidade da PS Vita ao
facer uso das súas funcionalidades exclusivas e non pertencer a ningunha
franquÃa previa.
Os usuarios de PS Vita tamén poderán gozar de Chronovolt e de Tales from
Space: Mutant Blobs Attack. Para completar as vantaxes para usuarios de PS
Vita que subscriban PlayStation Plus, a PS Store ofrecerá cun 20% de desconto
os xogos Escape Plan, Unit 13, Hustle Kings, MotorStorm RC,
Super Stardust Delta, Top Darts, Little Deviants, Modnation
Racers: Road Trip e Reality Fighters.
- A primeira aventura de Nathan Drake para PS Vita poderase descargar de balde con PlayStation Plus