A PS3 actualiza o seu software de sistema á versión 4.10

mércores, 8 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Hoxe chegou á PlayStation 3 unha actualización do software do sistema da consola de Sony, que chega á versión 4.10, e que incorpora melloras no navegador de Internet (que agora amosa os contidos e os deseños de páxinas web con maior precisión), permite configurar a hora con maior precisión e de xeito automático a través da Internet e adáptase a un novo cambio na plataforma de xogo en liña de Sony, que pasa de coñecerse como PlayStation Network a responder ao nome de Sony Entertainment Network, o que non afectará nin ao xeito de iniciar sesión nin aos datos almacenados no servizo.
Para poder gozar da versión 4.10 do software da PS3 será preciso contar cun mínimo de 180 Mbytes de espazo libre no disco duro da consola ou nun soporte de almacenamento extraíble.

PUBLICIDADE