A PlayStation 3 actualízase para adaptarse á chegada da PS Vita

mércores, 30 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Sony Computer Entertainment anunciou que esta semana vai chegar á PlayStation 3 a versión 4.0 do seu firmware, que principalmente prepara á consola doméstica de Sony para funcionar en conxunto coa nova consola portátil PS Vita, que estes días chegará ao Xapón e que dende hoxe tamén pode reservarse en España (aínda que non chegará ao noso mercado ata o 22 de febreiro de 2012). Deste xeito será posible copiar xogos, música, fotografías e vídeos entre unha PS Vita e unha PS3, gardar copias dos datos da PS Vita no disco duro da PS3 e actualizar a PS Vita empregando as características de rede da PS3.
Tamén se engaden axustes de privacidade na PlayStation Network (para filtrar as peticións de amigos e as mensaxes) e os membros de PlayStation Plus poderán activar ou desactivar cada función de actualización automática.

PUBLICIDADE