A PS3 soportará Blu-ray 3D a partir de outubro

xoves, 2 de setembro do 2010 Marcus Fernández

A PS3 xa soporta xogos en 3D

Pese a que estaba prevista para este mes, Sony adía a actualización da PlayStation 3 para dotala de compatibilidade cos contidos en Blu-ray 3D ao mes que vén, de xeito que en outubro os usuarios da PS3 que teñan un televisor compatible coa tecnoloxía 3D poderán gozar de películas en formato físico que tiren proveito da mesma, cando na actualidade a consola doméstica de Sony só permite tal nos xogos.
Aínda que para que os videoxogos sexa posible as 3D é preciso reducir a súa resolución a 720p (pois a consola non ten potencia suficiente para xerar 2 imaxes simultáneas a 1.080p cunha taxa de frames aceptable), no caso das películas en formato Blu-ray 3D esta limitación desaparece, quedando coma principal atranco para gozar deste tipo de películas o seu reducido catálogo (actualmente nin sequera está editada en 3D a película Avatar) e os poucos televisores 3D no mercado (o que non parece que vaia cambiar a medio prazo, en boa medida porque moitos consumidores están a agardar a que esta tecnoloxía estea dispoñible sen lentes).

PUBLICIDADE