A PirateBox permite montar redes locais anónimas nas que comunicarse e intercambiar contidos
luns, 2 de xuño do 2014
Para ter un sistema anónimo de comunicación e intercambio de
ficheiros móbil fóra de liña desenvolveuse PireteBox, unha solución baseada en
software libre e que pode construírse
por só 35 dólares, que vén de chegar á súa versión 1.0, polo que xa convidan
á público a construír un destes pequenos routers baseados en OpenWRT (o que
pode facerse flasheando algúns
routers comerciais ou creando un destes trebellos directamente con Raspberry Pi
ou un portátil correndo Linux).
Con PirateBox é posible montar redes nas que intercambiar ficheiros, chatear, participar en foros e
reproducir contidos multimedia mediante streaming
dun xeito anónimo, que ao non levar o seu tráficos á Internet e non rexistrar
ningún tipo de dato pode considerarse como unha plataforma tan segura como
privada. Incluso é posible dotar a un destes trebello de batería para poder
empregalo en mobilidade e, incluso nun modo en rede no que varias PirateBox
montarían unha malla que permita a comunicación en grandes áreas (aínda que
esta funcionalidade aínda está nunha fase de desenvolvemento pouco madura).
Unha curiosa solución para os máis receosos da súa privacidade poidan
desenvolver interesantes proxectos conectados en local.