A PlayStation 4 estreará modelo de 1 TB en xullo
luns, 22 de xuño do 2015
Antes da celebración do E3 Microsoft anunciou unha
versión da súa Xbox One con 1 TB de almacenamento interno, e Sony non podÃa
ser menos, de xeito que hoxe fixo oficial que o
vindeiro 15 de xullo vai pór á venda a PS4 Ultimate Player Edition 1TB, que
permitirá almacenar na consola o dobre de contido que as consolas actuais, o
que resulta especialmente de agradecer en vista dos tamaños que están a ocupar
os últimos videoxogos e os elevados tempos de instalación que teñen, de xeito
que minimÃzase asà o feito de ter que borrar xogos instalados para poder gozar
de tÃtulos novos.
AÃnda que Sony non confirmou o prezo deste novo modelo, agárdase que sexa de
399 euros, o que levarÃa a que os modelos actuais reducisen o seu prezo oficial
lixeiramente, aÃnda que a longo prazo parece que compensará o novo modelo, xa
que, aparte dun disco de maior capacidade, coméntase que pesará un 10% menos e
reducirÃa un 8% o seu consumo enerxético. A superficie da baÃa para o disco
duro tamén virÃa nun acabado mate, dándolle á consola unha aparencia máis ocasional. O novo modelo contará con
versións en negro e branco, aÃnda que esta última poderÃa ter unha distribución
internacional máis limitada inicialmente.