A PlayStation 4 recibe o xogo Ultra Street Fighter IV

martes, 26 de maio do 2015 Marcus Fernández

Para facer máis soportable a espera dos usuarios de PlayStation 4 para o Street Fighter V estrean hoxe en formato descargable Ultra Street Fighter IV, xogo que inclúe todos os contidos que foron saíndo para a versión de PlayStation 3, mellora a xogabilidade grazas ao feedback recibido de anteriores versións e incluso incorpora os controladores Lab Zero, o que permite o uso dos FightSticks de PS3 licenciados.
Este xogo conta cos 49 loitadores (incluíndo os novos Elena, Hugo, Poison, Rolento e Decapre), permite acceder a máis de 100 traxes distintos (que na versión de PS3 era contido adicional), pode xogarse a 1.080p e 60 imaxes por segundo e incluso corrixe o retardo dos controis da versión de PS3, de xeito que estariamos ante a versión definitiva do xogo en consolas. Tampouco lle faltan os modos de xogo en liña e pode mercarse por un prezo de 24,99 euros, o que é un prezo bastante axustado se temos en conta que o xogo para PS3 custa 29,99 euros e os dous paquetes completos con contido descargable dispoñibles custan 17,99 euros, de xeito que o prezo total do xogo para PS3 estaría en preto dos 66 euros.

PUBLICIDADE