A PlayStation 4 supera os 7 millóns de unidades vendidas

luns, 21 de abril do 2014 Marcus Fernández

A nova xeración de consolas de videoxogos continúa a avanza ra bo ritmo, e Sony deu conta os pasados días de que a PlayStation 4 conseguiu superar a barreira dos 7 millóns de unidades vendidas a nivel mundial o pasado 6 de abril, mentres que o 13 de abril estiman que o número de xogos vendidos para a consola doméstica terían superado os 20,5 millóns de copias (en soporte físico e dixital).
Aínda que inicialmente a distancia entre a Xbox One e a PlayStation 4 eran moi acusadas, incluso nos EE.UU., parece que o lanzamento de Titanfall (primeiro xogo de Respawn Entertainment, estudio fundado polos principais creadores de Call of Duty: Modern Warfare) está a mudar a situación, de xeito que a consola de Microsoft tería colocado 311.000 unidades en marzo, superando os 5 millóns de unidades distribuídas.
Dende Microsoft parecen satisfeitos por eses resultados, asegurando que Xbox One está a vender máis dun 60% máis que Xbox 360 a esta distancia do seu lanzamento, rexistrando tamén uns elevados niveis de uso da súa nova consola (que empregaríase unha medida de 5 horas diarias, non só xogando, senón tamén empregando as súas aplicacións que, entre outras cousas, abren o acceso a numerosos contidos audiovisuais).

PUBLICIDADE