A PlayStation 4 terá accesorios novos
xoves, 8 de setembro do 2016
AÃnda
que o máis importante do evento PlayStation Meeting era a presentación
de novos modelos de PlayStation 4, Sony tamén estreou novos accesorios que
sairán á venda este mesmo mes, asà como uns auriculares sen fÃos que chegarán
ás tendas antes do Nadal.
Un dos dispositivos renovados que pode pasar máis desapercibido é o novo mando
sen fÃos DUALSHOCK 4, á venda por 59 euros, e que poderÃa parecer o mando
habitual da PS4, pero ten pequenas diferencias, como que a barra luminosa do
mando tamén está presente no panel táctil do mando, buscando achegar máis
información ao usuario, aÃnda que máis curioso é o detalle de que o mando, a
parte de comunicarse coa consola por Bluetooth, tamén poderá facelo por USB, ou
sexa, que se conectamos por cable o mando á consola por USB o cable non se
empregará só para cargar a baterÃa do mando, senón que transmitirá datos, o que
pode ser unha mellora substancial en certos contornos (como en competicións,
onde as comunicacións sen fÃos poden xogar malas pasadas).
As novas consolas tamén terán un soporte opcional para colocalas en vertical,
que venderase a 19 euros, mentres que outro novo accesorio, a PlayStation
Camera, que para moitos usuarios era un trebello descoñecido, ten agora unha
forma cilÃndrica e un soporte que fai doada a súa orientación, e que este
outono vai cobrar moita relevancia, xa que é preciso para o funcionamento da
PlayStation VR e non vén incluÃda co casco de realidade virtual. O prezo da
cámara será de 59 euros.
O novo produto máis rechamante serÃa o Platinum Wireless Headset, un sistema de
auriculares 7.1 con tecnoloxÃa de son 3D que enriquecerÃa a inmersión nos xogos
e que será compatible con PlayStation VR. Tamén conta con micrófono con
cancelación de ruÃdo e, polo que chama a atención, non é precisamente pola súa
calidade e comodidade, senón polo seu prezo de 179 euros, de xeito que será todo
un luxo que poucos xogadores poderán permitirse.