A PlayStation 5 slim pode mercarse con normalidade en España
martes, 28 de novembro do 2023
AÃnda
que a
revisión máis compacta da PlayStation 5 (alcumada como versión slim)
non parecÃa que fose chegar a España antes de decembro, na práctica non foi
asÃ, e xa pode conseguirse con normalidade en numerosos establecementos comerciais,
aÃnda que con pouca relevancia, xa que polo momento só está dispoñible a versión
con disco a un prezo de 549,99 euros, mentres que o
modelo anterior estivo até onte mesmo de oferta a 429,99 euros, e prevese
que experimente moitas outras promocións durante o mes de decembro.
A nova PlayStation 5 slim con 1 TB de almacenamento e unidade de disco
está incluso dispoñible
a través da tenda en liña de PlayStation, asà como en
El Corte Inglés, en
MediaMarkt, en
PCComponentes, na
Fnac, en
Amazon, nas
tendas GAME... polo que podemos asegurar que non hai problemas de
abastecemento, especialmente mentres resulta tan pouco competitiva en prezo, e
precisamente ese pode ser o motivo polo que non chega a versión sen lector de
disco óptico ao mercado, xa que aproximarÃase ao prezo do vello modelo con
disco, e iso poderÃa confundir bastante aos consumidores (non esquezamos que a
etiqueta de slim é informal, xa que os distintos modelos véndense baixo
o mesmo nome), especialmente nunha tempada na que boa parte das consolas que se
adquiren son para agasallar no Nadal.
Dados os agresivos prezos aos que están a pór aos modelos anteriores de
PlayStation 5 (especialmente se os comparamos cos lotes que habÃa que adquirir no
pasado se queriamos facernos cunha consola, e que chegaban incluso aos 800 euros)
parece bastante probable que liquiden existencias no que resta de ano, para que
logo a revisión máis compacta poida comezar a venderse incluso dentro de
promocións, pois tras as rebaixas actuais percÃbese como unha consola cun prezo
demasiado elevado.