A PlayStation Network recuperará o seu funcionamento pleno a finais de semana
martes, 31 de maio do 2011
Sony anunciou que a
finais de semana restableceranse totalmente todos os servizos da PlayStation
Network en América, Europa e Asia (agás en Xapón, Hong Kong e Corea do
Sur), polo que os usuarios do servizo finalmente poderán acceder a todas as
funcionalidades da PlayStation Store, as adquisicións de contidos a través dos
propios xogos, a posibilidade de trocar códigos e vales de descarga, a
funcionalidade completa de Music Unlimited e de Media Go.
Rematará asà unha incidencia que comezou o pasado 20 de abril, deixando sen
servizo a máis de 77 millóns de usuarios de todo o mundo, e que no seu proceso
de recuperación aproveitouse para reforzar a súa seguridade e infraestrutura de
rede.