A PlayStation Store inicia as rebaixas de Halloween

mércores, 18 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Co gallo do Halloween a PlayStation Store ten unha nova selección de xogos rebaixados de prezo, entre os que destacan principalmente títulos fantásticos e de terror, sendo igualmente interesante a oferta desta semana, The Witcher 3: Wild Hunt, que celebra o X aniversario da súa franquía con importantes descontos, de xeito que podemos mercar a edición estándar do xogo a metade de prezo (14,99 euros) ou a edición Xogo do Ano cun 60% de desconto (19,99 euros).
As rebaixas de Halloween inclúen un 28% de desconto en Call of Duty: Black Ops III – Zombies Chronicles Edition, até un 43% de desconto en Outlast 2, Resident Evil 7 rebaixado un 57%, Mortal Kombat X a só 12,99 euros, Fallout 4 a 14,99 euros, DOOM a 11,99 euros, Alien: Isolation a 6,99 euros, The Evil Within a 7,99 euros, Umbrella Corps a 3,99 euros, Evolve a 4,99 euros e moitas outras boas oportunidades para facerse con títulos de grande calidade a prezos moi accesibles.

PUBLICIDADE