A PlayStation Store inicia as súas rebaixas de xaneiro
venres, 23 de decembro do 2016
Tras o
inicio
do novo perÃodo de rebaixas da tenda de Xbox estaba claro que na
PlayStation Store Ãa facer o mesmo, e hoxe
temos aquà as novas ofertas, que ao igual que acontece no caso de
Microsoft, aseguran que son as meirandes ofertas da súa historia, con descontos
en xogos e contidos audiovisuais.
As chamadas ofertas
de xaneiro da PlayStation Store, con descontos de até o 60%, afectan a
xogos de primeira liña, de xeito que os que recibisen unha consola nestas datas
ou simplemente queiran gozar do tempo de lecer adicional durante as festas
teñen unha excelente oportunidade para engordar a súa colección de xogos.
Podemos destacar ofertas para PS4 como Rise of the Tomb Raider a 29,99 euros,
Grand Theft Auto V a 34,99 euros, Titanfall 2 a 34,99 euros, Call of Duty: Infinite Warfare a 44,99
euros, a
triloxÃa de Uncharted por 24,99 euros, Ratchet & Clank por 19,99 euros, Mad Max por 14,99 euros ou Unravel por 7,99 euros. Pero non só
hai xogos completos rebaixados, senón que tamén é posible adquirir pases de
tempada e contidos descargables, e incluso xogos para PlayStation VR, que pese
a ser moi recentes xa teñen importantes descontos.
VÃdeo promocional das novas rebaixas na PlayStation Store