A PlayStation Store oferta numerosos xogos a menos de 20 euros

mércores, 16 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Para reactivar as vendas na PlayStation Store durante o verán chegan novas ofertas, que parten co xogo Dragon Ball Xenoverse 2 que durante unha semana estará á venda cun desconto do 57%, ou sexa, que pode mercarse por 29,99 euros na súa edición básica e por 39,99 euros na súa edición de luxo (co seu pase de tempada), aínda que á meirande parte dos usuarios resultaralles de máis interese que até o 6 de setembro haxa unha completa selección de xogos por menos de 20 euros.
Deste xeito, os usuarios que non queiran facer un grande desembolso en xogos teñen unha excelente oportunidade para enriquecer a súa colección dixital a prezos moi axustados. Por exemplo, The Witcher 3 poder mercarse por 14,99 euros, Metal Gear Solid V: The Definitive Experience por só 11,99 euros, a edición Xogo do Ano de La Tierra Media: Sombras de Mordor por 12,99 euros, a edición definitiva de Sleeping Dogs por 6,99 euros, a versión definitiva de Tomb Raider por 7,99 euros, Wolfenstein: The New Order por 4,99 euros, Ultimate Marvel vs. Capcom 3 por 14,99 euros, Alien: Isolation por 11,99 euros, Ultra Street Fighter IV por 9,99 euros, Dishonored por 9,99 euros, XCOM 2 por 14,99 euros, Saint Seya: Soldiers’ Soul por 11,99 euros, The Technomancer por 12,99 euros, Umbrella Corps por 5,99 euros ou os dous volumes de Atari Flashback Classics a 9,99 euros cada un.

PUBLICIDADE