A PlayStation Store oferta varios xogos durante esta fin de semana
venres, 20 de outubro do 2017
Pese a estarmos aÃnda en plenas rebaixas
de Halloween, a PlayStation Store vai
ofertar durante esta fin de semana varios descontos especiais para tÃtulos
recentes, animando asà a moitos xogadores a facerse con eles sen ter que
agardar ás habituais rebaixas de Nadal, como Uncharted:
El Legado Perdido, que até o luns terá un desconto do 25%, de xeito que
poderá mercarse por 29,99 euros en formato descargable.
Outros xogos rebaixados serÃan Destiny 2
(dispoñible dende 49,99 euros), EA Sports
NHL 18 (dende 44,99 euros), Madden
NFL 18 (dende 44,99 euros), NBA Live
18: edición The One a metade de prezo (34,99 euros) e Elite Dangerous (dende 13,99 euros). Unhas ofertas anticipadas que
de seguro que aledarán a fin de semana a máis de un.