A PlayStation Store rebaixa máis dun cento de xogos para PS4

luns, 28 de novembro do 2016 Marcus Fernández

En plena resaca do Black Friday, que no mundo das tendas dixitais seguía vivo incluso hoxe, a PlayStation Store lanza unha nova campaña promocional na que ofertan máis dun cento de xogos con descontos de até un 60% (aínda que nalgún caso o aforro chega a ser do 72%) buscando así animar aos usuarios a atreverse a adquirir grandes títulos que, sen ser superproducións, poden pagar a pena.
Deste xeito, durante uns días poderemos facernos con xogos como ABZÛ por 9,99 euros, Surgeon Sumulator: Anniversaty Edition por 2,99 euros, The Witnetss por 17,99 euros, Hitman GO por 2,99 euros, Pang Adventures por 4,99 euros, STRIDER por 2,99 euros, Tetris Ultimate por 3,99 euros, Unravel por 7,99 euros, Shadow of the Beast por 6,99 euros ou INSIDE por 8,99 euros.

PUBLICIDADE